A área Concursal de Vento Abogados & Asesores conta cun equipo formado por avogados e economistas especializados no tratamento de crises empresariais, procesos de restructuración e procedementos xudiciais de insolvencia.
A gran experiencia atesourada polos nosos profesionais, froito da súa intervención en máis de 150 procedementos concursais, permítelles afrontar con garantías as situacións máis complexas, incluídas as crises que afectan os grupos de sociedades ou os casos en que é necesario transmitir as unidades produtivas en funcionamento como fórmula de continuidade empresarial cando non é posible viabilizar a actividade desenvolta e a concursada vese abocada á liquidación.
O alto grao de especialización dos nosos profesionais traduciuse nos últimos anos en numerosas designacións para exercer o cargo de administradores concursais e administradores xudiciais de compañías e grupos de sociedades en crises; en invitacións a participar como relatoras en congresos, xornadas e actividades docentes relacionadas co Dereito concursal; na publicación de artigos e libros sobre esta materia; ou na súa inclusión nos directorios legais que anualmente recoñecen o labor dos mellores especialistas no ámbito do Dereito de insolvencias.
Os nosos servizos focalízanse en procurar o mellor apoio en:
Reestruturacións societarias individuais e de grupo