Política de privacidad

Política de privacidade

Neste documento explicamos quen é o responsable do tratamento, con que finalidade se tratará a súa información persoal, a lexitimidade para o tratamento, como a recollemos, como a utilizamos, os dereitos que lle asisten e tamén se explican os procesos dispostos para protexer a súa privacidade.
Ao proporcionarnos a súa información persoal e usar os nosos sitios web, entendemos que leu e entendeu os termos relacionados coa información de protección de datos de carácter persoal expostos. Asume a responsabilidade de cumprir coa lexislación vixente en materia de protección de datos nacional e europea, e teñen o obxectivo de tratar os seus datos dun xeito lícito, xusto e transparente.


RESPONSABLE
DO TRATAMIENTO
VENTO ABOGADOS Y ASESORES S.L.P.
 

FINALIDADE
Prestación de servizos xurídicos, fiscais, mercantís e societarios, laborais e outros servizos prestados por esta empresa.

LEXITIMACIÓN

  • Para o cumprimento dun contrato e/ou relación comercial.
  • Para o cumprimento de diferentes obrigas legais.
  • Por interese lexítimo, por exemplo, por razóns de seguridade, prevención do fraude.
  • Para mellorar os nosos servizos e produtos ou para xestionar solicitudes, consultas ou posibles reclamacións que puideran xurdir.
  • Co seu consentimento expreso.
 

CONSERVACIÓN
Só almacenamos a súa información persoal na medida na que a necesitamos para utilizala segundo o propósito pola que foi recollida, e segundo a base xurídica do tratamento da mesma de acordo coa lei aplicable.
Manteremos a súa información persoal mentres exista unha relación contractual e/ou comercial con vostede ou sempre que non exerza o seu dereito de eliminar, cancelar e/ou limitar o tratamento dos seus datos. Nestes casos, manteremos a información debidamente bloqueada, sen darlle ningún uso, mentres poida ser necesaria para o exercicio ou a defensa de reclamacións ou poida derivarse algún tipo de responsabilidade xudicial, legal ou contractual do seu tratamento, que debe ser atendido e para o que a súa recuperación é necesaria.


DESTINATARIOS
Se nos dá o seu consentimento, a información que proporcione será comunicada a empresas ou profesionais directamente relacionados co responsable. Así mesmo, hai empresas que nos proporcionan outro tipo de servizos como: tecnoloxía da información (almacenamento e procesamento da información), servizos contables, fiscais, servizos de auditoría, etc. Estes terceiros só teñen acceso á información persoal que precisan para realizar tales servizos. Están obrigados a manter a súa información persoal confidencial e non a poden usar doutro xeito que a que solicitamos. Todas estas empresas aplican o mesmo grao de protección que o responsable, e o acceso está regulado por un contrato de encargado de tratamento.
Así mesmo, a súa información persoal estará a disposición das Administracións Públicas, Xuíces e Tribunais, para a atención das posibles responsabilidades nacidas do tratamento.

 

DEREITOS DOS INTERESADOS
Os interesados poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade e limitación ou oposición, mediante escrito, acompañando unha fotocopia do DNI a:

VENTO ABOGADOS Y ASESORES
S.L.P. c/ Fonseca 6 – 4º. (15004), A Coruña.
legal@nordat.es

 

TRANSFERENCIA INTERNACIONAL
A información persoal que recollemos reside en España, non se realizan transferencias internacionais de datos.

 

ENLACES A SITIOS DE TERCEROS
No caso de que proporcionemos ligazóns a sitios web que non sexan operados ou controlados por nós, será informado puntualmente. Xa que non temos control sobre eses sitios nin somos responsables do seu contido.

 

DATOS DE MENORES
Non recollemos información persoal algunha de menores deliberadamente, salvo coa autorización do pai/nai ou titor. Se vostede é menor de idade, por favor non intente rexistrarse como usuario dos nosos sitios web. Se descubrimos que por erro obtivemos información persoal dun menor, eliminaremos esa información canto antes.

Implementamos as medidas técnicas e organizativas adecuadas para protexer os seus datos persoais e estas medidas son revisadas periódicamente.

A Entidade resérvase o dereito a modificar esta política para adaptala ás novidades lexislativas ou xurisprudenciais así como a prácticas da industria. Nestes casos, a Entidade anunciará nesta páxina os cambios introducidos con razoable anticipación da súa implementación. Tamén informámoslle de que pode poñerse en contacto coa autoridade de control en materia de protección de datos competente para obter información adicional ou presentar unha reclamación.