Vento Abogados & Asesores conta cun equipo especialista en Responsabilidade Civil e Seguros. Os nosos avogados asesoran e representan os intereses dos clientes, grazas á súa dilatada experiencia en todos os aspectos vinculados á reclamación de danos e a súa vertente aseguradora. O apoio permanente das diferentes áreas procesuais do despacho permítenos, ademais, intervir en todas as xurisdicións con probada eficacia e solvencia.
Servizos
- Accidentes de tráfico
- Accidentes de traballo
- Incidentes no fogar
- Reclamacións por sinistros
- Responsabilidade civil en procesos de construción
- Reclamación de danos e prexuízos
- Responsabilidade patrimonial
- Responsabilidade contractual e extracontractual